Para axudar a superar a costa de xaneiro, Electronic Arts desenvolverá ata o día 25 un período de rebaixas para os seus xogos estrela: FIFA 14, Battlefield 4, Need for Speed Rivals e Los Sims 3. Esta oferta estará dispoñible en tendas físicas, e permitirá que poidamos adquirir o FIFA 14 por 49,95 euros nas súas versións para Xbox 360 e PS3, por 29,95 euros para PC, Nintendo 3DS e Wii e por 39,95 euros para PS Vita; Battlefield 4 poderase mercar por 49,95 euros para Xbox 360 e PS3 e 39,95 euros para PC; o título de condución Need for Speed Rivals venderase a 39,95 euros para Xbox 360 e PlayStation 3 e 29,95 para PC e Los Sims 3 terá o seu disco base a 19,95 euros, o seu disco de expansión a 29,95 euros, o seu disco de accesorios a 9,95 euros e o seu disco de iniciación a 29,95 euros.
Unha boa oportunidade para quen queira comezar a gozar hoxe destes grandes xogos, aproveitando un bo prezo nun momento no que o seu número de xogadores actuais está no seu máximo grazas á campaña de Nadal (de xeito que non hai que agardar a que deixen de estar de moda para poder facerse con eles a un prezo reducido).
EA celebra as súas rebaixas ata o 25 de xaneiro
Compartir Este Artigo
