A impresora 3D de XYZprinting pode verse estes días no CES de Las VegasEsta semana no Consumer Electronics Show (CES) de La Vegas a impresión 3D tamén atopou o seu curruncho, destacando especialmente a presenza da empresa XYZprinting Inc., que está especializada nunha achega asumible a esta tecnoloxía, o que demostrou ao amosar ao público a súa nova impresora 3D da Vinci, deseñada pensando no seu uso en fogares e pequenas empresas, e que consegue conter o seu prezo en 499 dólares (366,83 euros). A impresora 3D permitiranos crear pequenas figuras mediante filamento fundidoA impresora 3D da Vinci é capaz de crear figuras de ata 19,8 x 19,8 x 19,8 centímetros empregando filamento fundido, e busca en todo momento ser dun uso doado, de xeito que funcionará con só conectala a un ordenador. Para poder dar os primeiros pasos coa impresión 3D dende XYZprinting facilitan o acceso a unha base de datos na nube con centos de modelos 3D que poder personalizar e a impresión pode realizarse empregando cartuchos de filamento de 12 cores distintas (sendo doada a carga dos cartuchos e o cambio de cores). Os interesados en facerse cunha impresora 3D da Vinci poden xa encargala, esperándose que comecen os envíos aos usuarios finais a mediados do mes de marzo, cando tamén agardan abrir as súas vendas a través de tendas en liña como Amazon.com.