O Campionato de Call of Duty volve un ano máis, de xeito que entre os días 28 e 30 de marzo 32 dos mellores equipos do mundo competirán por arrebatar o título ao equipo gañador de 2013, Fariko Impact, e por conseguir parte do millón de dólares destinado a premios.
Esta competición presentada por Xbox retransmitirase en directo a través de Xbox LIVE e MLG.tv, comezando cunha clasificación en liña ata chegar á fase final rexional en LAN, na que os mellores equipos de cada rexión competirán por un posto no Campionato.
O rexistro para a fase preliminar española comeza hoxe e rematará o 2 de febreiro, cando equipos de 4 xogadores poderán xogar baterse con outros contrincantes ata que se decidan os 2 equipos que representarán a España na final rexional europea que se celebrará os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo en Londres, e que será a porta que abra o acceso á final de Los Ángeles.
Vídeo promocional do Campionato de Call of Duty presentado por Xbox
O Campionato de Call of Duty repartirá un millón de dólares en premios
Compartir Este Artigo
