Esta semana a cadea de restaurantes Pizza Hut está presente no Consumer Electronics Show (CES) para celebrar o 20º aniversario do seu primeiro pedido a través da Internet, e aproveitaron a ocasión para dar conta do éxito que está a acadar a venda de pizzas a través da consola Xbox 360, para a que estrearon aplicación hai 4 meses, conseguindo superar o millón de dólares en pedidos nese tempo.
Polo momento dende Pizza Hut non confirman se contarán con aplicacións para outras consolas, pois aínda están en conversas cos fabricantes, pero aseguran que queren estar presentes alí onde estean os seus clientes. De feito, Pizza Hut leva moito tempo potenciando as súas aplicacións móbiles, que buscan facer cada vez máis doado a realización de pedidos, especialmente para usuarios frecuentes (que poden repetir un pedido en apenas 5 clics).
Pizza Hut recibiu máis dun millón de dólares en pedidos a través da Xbox 360 en 4 meses
Compartir Este Artigo
