A última actualización do cliente da plataforma de xogos para PC Steam incorpora oficialmente ás Opcións familiares (en probas dende hai preto dun mes), unha nova posibilidade para controlar o acceso a contidos e características mentres o ordenador estea en modo familiar protexido por PIN. Deste xeito, cando teñamos un equipo compartido con outros membros da familia, podemos establecer certas limitacións para os usuarios convidados, como impedirlles acceder a servizos en liña ou á tenda de Steam, así como elixir que xogos poderán executar mentres a conta de usuario do equipo está en modo familiar.
O uso de Steam en modo familiar evita a preocupación dos pais polos gastos imprevistos que poidan facer os cativos mentres xogan, xa que poderán acceder a xogos adquiridos por outro usuario, que establecerá as limitacións que considere oportunas (que poderán establecerse xogo a xogo).
Steam estrea oficialmente as súas Opcións familiares
Compartir Este Artigo
