
O Sony Xperia T2 Ultra funciona cun procesaodor Qualcomm de catro núcleos a 1,4 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb), conta cunha cámara principal de 13 Mpíxeles con gravación de vídeo a Full HD (mentres que a cámara frontal dispara fotografías de 1,1 Mpíxeles e grava vídeo a 720p), ten un grosor de só 7,65 milímetros e o seu peso chega aos 172 gramos (o que non debería sentirse pesado ao estar repartido nun terminal de grandes dimensións). Pese a ser un tabletófono que busca ter un prezo axustado, non prescinde de Bluetooth 4.0, NFC, radio FM e mesmo LTE (4G), polo que estamos ante un dispositivo bastante avanzado, que non deberiamos ignorar simplemente por non ser o tope de gama.
Para mercados emerxentes Sony contará tamén cunha versión con dobre SIM.
Vídeo de presentación do Sony Xperia T2 Ultra
Sony presenta un novo smartphone cunha pantalla de 6 polgadas
Compartir Este Artigo

