Este ano celebrarse o 30º aniversario dun dos xogos máis divertidos e icónicos da historia, Tetris, que durante estes anos vendeu centos de millóns de copias para ducias de plataformas, e esta aventura vai continuar, pois Ubisoft pechou un acordo con The Tetris Company para levar o xogo ideado en 1984 por Alexey Pajitnov á Xbox One e á PlayStation 4, de xeito que as consolas de nova xeración non serán alleas a un xogo que foi todo un fenómeno que encheu salóns recreativos e contribuíu decisivamente ao éxito de produtos como a Game Boy.
O director xeral e co fundador de Ubisoft, Yves Guillemot, asegurou que estar entusiasmado con que a súa compañía poida crear un Tetris para as consolas de nova xeración, mentres que dende The Tetris Company aseguran estar seguro de que Ubisoft “desenvolverá unha das mellores versións de Tetris nunca feitas”.
Tetris terá versións para Xbox One e PS4
Compartir Este Artigo
