Nos últimos meses non son poucos os modelos de baterías externas para cargar dispositivos por USB que chegaron ao mercado, pero un dos máis rechamantes é o que está a vender a tenda en liña Brando por 49,90 dólares (36,65 euros) por ser un produto con licencia oficial de Star Wars que adopta a forma da espada de luz de Darth Vader que incluso conta cunha luz LED de cor vermella para darlle aínda máis realismo á súa reprodución.
Estamos ante unha batería cunha capacidade de 2.800 mAh que mide 16 x 4,2 x 3,1 centímetros e recibe a carga a través dunha toma microUSB para entregar a enerxía por un porto USB de tamaño completo a 1,2 A (lembremos que dispositivos como o iPad precisan dun mínimo de 1 A para poder cargarse por USB). Integra 4 indicadores LED e un botón de acendido/apagado para controlar a carga.
Unha batería externa adopta a forma da espada de luz de Darth Vader
Compartir Este Artigo

