O estudio galego de videoxogos Axóuxere Games estreouse na primavera de 2012 co seu xogo Trap Ball, que destacaría por adaptarse poucos meses despois á Xbox 360, e agora oferta a súa versión de pagamento, Trap Ball Plus Edición Billar, totalmente de balde ata o vindeiro 28 de febreiro. Podemos así descargar libremente este título dispoñible en galego, español e inglés que presenta varios modos de xogo e numerosos niveis cheos de trampas nos que deberemos mover bolas cara a súa meta facendo uso do acelerómetro do noso dispositivo móbil.
Dende Axóuxere Games apuntan que Trap Ball Edición Billar acumulou máis de 30.000 partidas xogadas, máis de 12.000 descargas e unha valoración de 4,3 estrelas en Google Play, e adiantan que veñen de iniciar o desenvolvemento dun novo Trap Ball, á vez que aseguran que están a traballar en novos xogos e aplicacións.
O xogo de Axóuxere Games en acción
