
Sobre outros títulos moi agardados publicáronse novos detalles, de xeito que
puidemos ver algo máis sobre Bayonetta 2
e sobre Super Smash Bros. (confirmándose
que neste último fará acto de presenza Little Mac, personaxe da serie Punch Out!!).
A Nintendo 3DS ampliará considerablemente o seu catálogo en 2014, de xeito que en
maior sairán Mario Golf: World Tour e
Kirby: Triple Deluxe; a Nintendo
eShop incorporará Pokémon Link: Battle! o
vindeiro 13 de marzo; e para celebrar o lanzamento de Yoshi’s New Island o 14 de marzo tamén teremos unha edición
especial de Yoshi da Nintendo 3DS XL.
Tamén podemos destacar que hoxe mesmo estreouse na Nintendo eShop unha versión de balde de Steel Diver: Sub Wars, primeiro título para 3DS que chega baixo a fórmula do free-to-play.
Estas e moitas outras novidades puideron verse no vídeo publicado hoxe:
