Parece que o prezo de lanzamento da Xbox One, uns 100 euros/dólares superior ao da PlayStation 4, levou á consola de Microsoft a ter unhas vendas moi inferiores ás da consola de Sony, e para pór remedio ao asunto a compañía de Redmond vai apostar forte polo xogo Titanfall, que sairá á venda en marzo e que non estará dispoñible para consolas da competencia, o que podería levar a milleiros de afeccionados aos xogos de acción en primeira persoa a optar pola Xbox One durante os vindeiros meses.
Para celebrar o lanzamento de Titanfall, o vindeiro día 11 nos EE.UU. sairá nos EE.UU. a un prezo de 499,99 dólares (uns 364 euros) un lote especial da Xbox One que xa pode reservarse e que incluirá un código de descarga do xogo Titanfall, a consola, o sensor Kinect, un mando sen fíos, un auricular con micrófono e 1 mes de Xbox LIVE Gold.
O mesmo lote ten prevista a súa chegada a España o vindeiro 13 de marzo a un prezo de 499,99 euros, de xeito que sería como se o xogo fose incluído de balde coa consola, mentres que no Reino Unido con un pouco máis arriscados, e a Xbox One con Titanfall pode xa encargarse por 399,99 libras esterlinas (485,29 euros), o que supón que non só o xogo saia de balde, senón unha rebaixa adicionais dunhas 30 libras sobre o prezo habitual da consola, baixada de prezo que parece que sería definitiva. Polo momento non se anunciou ningunha rebaixa de prezo específica para o mercado español.
Microsoft confía en Titanfall para mellorar as vendas da Xbox One
Compartir Este Artigo
