Nun momento no que os cuantificadores de actividade está máxima actualidade unha empresa de Mountain View, Mushrooms Labs, quere revolucionar o sector cun novo accesorio para a práctica deportiva que vai moito máis aló que as típicas pulseiras, Moov, que consiste nun dispositivo circular resistente á auga que pode levarse cunha correa no pulso, pero que tamén pode prenderse ao calzado ou a outras partes do corpo para facer un seguimento non só da intensidade do exercicio, senón incluso da postura durante os adestramento, aproveitando aplicacións móbiles para facer un seguimento dos movementos e analizando a posición corporal chegando incluso a dar consellos en tempo real a través a través da pantalla ou dos auriculares do móbil, converténdose nunha especie de adestrador persoal.
Este dispositivo é xa compatible con móbiles a partir do iPhone 4S (prevendo adaptarse a Android para o outono) e a súa aplicación permite xa monitorizar a práctica de cinco actividades (correr, andar en bicicleta, nadar, facer boxeo e facer pesas), incorporándose máis actividades nos vindeiros meses.
O Moov comunícase co móbil a través de Bluetooth 4.0 LE e para poder analizar as actividades físicas conta con numerosos sensores de 9 eixes (acelerómetro, xiroscopio e magnetómetro), e ofrece unha proposta moi diferente das solucións actuais, que céntranse no posicionamento por GPS ou en evolucións dos podómetros, mentres que nesta ocasión o que búscase é unha correcta execución das distintas actividades físicas, o que facilitará un mellor rendemento nos adestramentos e axudará a evitar lesións.
Está prevista a súa chegada ao mercado o vindeiro verán, pero quen realice a súa reserva xa poderá facerse co produto a metade de prezo, de xeito que un Moov (suficiente para correr, ir en bicicleta, nadar e facer pesas) custaría 59,95 dólares, mentres que a parella de dispositivos (pensando na práctica de cardio boxing) custaría 99,95 dólares, cantidades que corresponderían a 43,72 e 72,90 euros respectivamente.
Vídeo de presentación do Moov

