Sony anunciou hoxe os xogos dos que poderán gozar no mes de marzo os subscritores a PlayStation Plus, que terán acceso a un catálogo moi completo e de indiscutible calidade, que no caso da PlayStation 4 inclúe o xogo descargable Dead Nation: Apocalypse Edition, título de disparos vertical ambientado nun mundo apocalíptico inzado de zombis que conta cun modo campaña que pode xogarse en solitario ou en modo cooperativo. Tamén inclúe a expansión Road to Devastation, que incorpora 2 modos de xogo adicionais (Arcade e Infinito).

Para usuarios de PS Vita estarán dispoñibles títulos de menor peso, como son Pixeljunk Monsters Ultimate HD e Smart As!.
Todos estes títulos estarán dispoñibles a partir do 5 de marzo, sen custo adicional para os subscritores a PS Plus.
Trailer de Dead Nation: Apocalypse Edition, a interesante achega para PS4 de PS Plus en marzo
PS Plus ofrecerá os xogos Dead Nation e Tomb Raider durante marzo
Compartir Este Artigo
