Cando presentouse OnLive en 2009 como unha plataforma de xogo na nube dábase a entender que estabamos ante un avance do que achegaría o futuro, dando por mortas as consolas de videoxogos tradicionais en favor de solucións a través da Internet; pero vese que nin o mercado estaba maduro para ese tipo de servizos nin as conexións á Rede garantían unha boa experiencia, o que levou á compañía a pasar por malos momentos e incluso mudar de mans, e agora sabemos que o servizo de streaming de videoxogos quere renovarse e nos vindeiros días vai anunciar un novo servizo de subscrición chamado CloudLift.
Esta nova solución consistiría nun acordo de OnLive con Valve para permitir que os usuarios de Steam poidan gardar os seus xogos na nube para poder xogar aos mesmos a través de OnLive, de xeito que incluso poderían continuar en mobilidade unha partida iniciada no PC.
Este novo servizo funcionará inicialmente con 20 xogos (incluíndo Batman: Arkham Origins) e custaría 14,99 dólares/mes, resultando interesante para quen quere gozar de grandes xogos incluso en dispositivos de reducida potencia (pode funcionar directamente nalgúns televisores e incluso en talbets) evitando a compra dunha consola de videoxogos (aínda que precisando dunha conexión á Rede de certa calidade).
OnLive permitirá o streaming de xogos de Steam
Compartir Este Artigo
