Os smartphones da familia Nexus son un bo exemplo de desenvolvemento conxunto con Google de produtos de LG, e seguindo na mesma liña a compañía surcoreana non quixo que o Moto 360 fose o único smartwatch con Android Wear que vaia estar dispoñible no mercado, e anuncia o LG G Watch, que será compatible cun amplo rango de smartphones con Android e amosará información de interese na súa pantalla no momento, á vez que tamén permitiranos a comunicación do móbil mediante ordes de voz.
Aínda que o Moto 360 parece ser un novo smartwatch de referencia, é posible que o de LG chegue antes ao mercado, xa que o seu lanzamento está previsto para o segundo trimestre do ano. O presidente de LG Electronics Mobile Communications Company, Jong-seok Park, asegura confiar en que “un dispositivo ben deseñado ten o potencial de permitir que o mercado dos dispositivos para vestir poida capear o temporal”. Nos vindeiros meses darán detalles técnico deste novo dispositivo.
LG anuncia o seu reloxo de pulso con Android Wear
Compartir Este Artigo

