Tras un par de entregas no continente americano, a saga de Assassin’s Creed regresará a Europa, polo que podemos ver no vídeo de adianto que estreou hoxe Ubisoft, e que sitúa a acción de Assassin’s Creed Unity na Revolución Francesa. Espérase que este novo xogo chegue para PC, PlayStation 4 e Xbox One de cara á vindeira campaña de Nadal, sendo a primeira entrega da franquía que só estará dispoñible para consolas de nova xeración.
Dende Ubisoft aseguran levar tres anos traballando neste novo xogo, aínda que tamén hai rumores de que, para continuar a atender aos numerosos usuarios de consolas da anterior xeración, estarían a desenvolver un xogo diferente da saga (o que pode lembrarnos ao lanzamento do xogo para PS Vita que acompañou a Assassin’s Creed III).
Teaser de Assassin’s Creed Unity
Ubisoft anuncia o primeiro Assassin’s Creed exclusivo de nova xeración
Compartir Este Artigo
