
A nVIDIA SHIELD, ao integrar un procesador Tegra 4, é capaz de correr gráficos de grande calidade, converténdose nunha consola de videoxogos portátil difícil de igualar, que entre as súas prestacións destaca por poder correr de xeito remoto xogos de ordenador (incluíndo algunhas das grandes estreas como Titanfall) e por correr con Android (o que facilita o acceso a un amplo catálogo de máis de 300 xogos optimizados para esta plataforma). Pero non só o prezo será unha novidade para esta consola, senón que tamén actualizarase en breve a Android 4.4.2, recibirá moitos máis xogos e incluso vai gozar en breve dunha versión nativa do clásico xogo de Valve Portal, gañador de máis de 70 premios da industria e cunha puntuación en Metacritic de 95 sobre 100, por saber innovar como un xogo de quebracabezas con interface de FPS.
Vídeo no que anuncian Portal para nVIDIA SHIELD
Portal estreará versión para nVIDIA SHIELD
Compartir Este Artigo
