Coincidindo coa chegada aos cines do filme Capitán América: El Soldado de Invierno, Gameloft estea na App Store e en Google Play o xogo oficial da película, no que podemos adoptar o papel do Capitán América liderando o seu propio equipo de ataque de S.H.I.E.L.D. na súa loita para conter unha ofensiva global de varias organizacións criminais facendo uso de habilidades tácticas e poden contar coa axuda da Viuda Negra e Falcon para superar situacións adversas.
Aínda que este xogo no que o Capitán América pode avanza co seu equipo derrotando a numerosos inimigos que saen ao seu paso sexa o oficial da película, ten unha historia de seu, máis próxima ao cómic, de xeito que, aparte de enfrontarse ao Soldado de Invierno, tamén contará con inimigos emblemáticos como Rey Cobra, o Supervisor e Víbora del Desierto, entre outros. A estética do xogo intenta emular o debuxo dun cómic, conta con partidas asíncronas multixogador, permite escalar postos en clasificacións de ligas en liña e presenta retos en eventos de tempo limitado para conseguir xeniais recompensas. Tamén permite mellorar aos axentes e as súas armas para comportarse mellor no campo de batalla, aprender novas técnicas para reforzar os ataques do Capitán, desbloquear e mellorar os traxes do Capitán América e investigar habilidades e obxectos que axuden a avanzar máis rápido.
Este novo xogo móbil precisa para funcionar como mínimo Android 4.0 ou iOS 7, ofrecéndose baixo distintos modelos de negocio, xa que a versión para Android pode descargarse de balde (a xeito de proba), mentres que a de iPhone e iPad véndese por 2,69 euros. En breve tamén chegará o xogo a Windows Phone.
Trailer de lanzamento do novo xogo de Gameloft
O Capitán América estrea videoxogo móbil do seu último filme
Compartir Este Artigo
