Para adaptarse ás necesidades dos usuarios de smartphones que contan coa tecnoloxía de carga sen fíos Qi, Sony anuncia o seu novo cargador CP-W5, que funciona como cargador externo USB ou como un dispositivo de carga por indución, podendo operar tanto conectado a corrente como en mobilidade (grazas á súa batería de 5.000 mAh).
Este cargador mide 130 x 66 x 16,5 milímetros, pesa uns 188 gramos e pode cargarse nunhas 4 horas, podendo entregar a súa carga ata a 1 A mediante indución ou ata 1,5 A mediante micro USB.
A batería integrada no Sony CP-W5 pode cargarse máis dun milleiro de veces, mantendo conservando máis do 90% da súa capacidade en tal ciclo de vida. Porase á venda no mes de abril en Singapur en cor branca, quedando aínda por determinar a data e o prezo polo que poderemos ver este interesante produto en Europa.
Sony presenta o seu primeiro cargador sen fíos portátil
Compartir Este Artigo

