
O Logitech Illuminated Living-Room Keyboard K830 non só é un teclado sen fíos para manexar o ordenador a distancia, senón que tamén integra un touchpad para un control máis completo (cunhas xenerosas dimensións de 80 x 52 milímetros); pode funcionar ata a 10 metros de distancia do seu receptor USB (Logitech Unifying) e a súa batería recargable permite empregalo ata 10 días cunha única carga. Inclúe accesos directos a funcións multimedia e o seu software permite personalizar o funcionamento tanto do teclado como do touchpad.
Mide 367 x 125,3 x 16,5 milímetros, pesa 495 gramos, e a súa principal eiva non é outra que o seu prezo de 105 euros (aínda que dende Logitech apuntan que o seu prezo recomendado é de 99,99 euros).
Vídeo de presentación do novo produto de Logitech

