
Unha boa oportunidade para lembrar títulos que fixeron historia no tempo dos 8 bits e dos ordenadores conectados a televisores, que hoxe destacan especialmente polo seu elevado nivel de dificultade, como acontecía co Abu Simbel Profanation, título que está agora dispoñible de balde para dispositivos con iOS, para deixarnos lembrar a frustración que podía provocar este xogo de 1985, que para moitos ben podía rivalizar e superar ao Flappy Bird. O xogo inclúe compras in-app para desbloquear opcións como un modo doado ou a activación da invulnerabilidade ou de vidas infinitas, características que no seu día podían conseguirse grazas ao pokes que facilitaban trucar os xogos para poder completalos con certa facilidade.
Un museo en liña permítenos gozar dos videoxogos clásicos de Dinamic
Compartir Este Artigo
