A actual xeración de consolas de videoxogos parece condenada a levar a Microsoft pola senda das retractacións, e ao igual que cando chegou ao mercado a Xbox One non precisou da esixencia de conectar a consola á Internet cada 24 horas (como se comentara anteriormente), agora anuncian que volven a escoitar aos usuarios e o vindeiro 9 de xuño porán á venda unha versión da súa nova consola que non incluirá o sensor Kinect, co que permiten reducir o seu prezo ata os 399 dólares nos EE.UU. (espérase que en España quede en 399 euros) quedando á altura da PlayStation 4, o que evitará a situación actual na que un prezo 100 euros máis baixo levou a que Sony colléralle unha importante vantaxe a Microsoft en vendas (pese a contar a Xbox One cun catálogo de xogos máis completo).
Outro detalle importante para a última consola de Microsoft é que vai mudar a súa política de servizos en liña, de xeito que para poder acceder ás plataformas de vídeo como Twitch, YouTube ou Netflix xa non precisará de subscricións de pagamento a Xbos LIVE, o que incrementa o valor engadido da propia consola.

A Xbox One tamén contará a partir de xuño con Deals with Gold, unha serie de ofertas en xogos como Forza Motorsport 5 ou Ryse: Son of Rome, que poderán adquirirse cun desconto de entre o 50 e o 75%.
Vídeo no que anuncian a versión de Xbox One sen o sensor Kinect
A Xbox One sairá á venda sen o sensor Kinect
Compartir Este Artigo
