
Esta funda terá unha fiestra circular que permitiría o acceso parcial á pantalla do móbil para consultar a hora, realizar chamadas, enviar mensaxes de texto, tomar fotografías e controlar a reprodución multimedia, á vez que chega en cinco cores moi atractivas (negro, branco, ouro, menta e rosa). A funda QuickCircle está deseñada para protexer os bordes do smartphone, facilitar un agarre firme e incluso ser compatible cos sistemas de carga indutiva.
Para acentuar o deseño circular da súa fiestra, a funda integra un aro luminoso a xeito de marco da súa fiestra, que se ilumina cando a funda se abre ou pecha ou cando se recibe unha chamada ou unha mensaxe de texto.
Vídeo de presentación da funda QuickCircle de LG
O LG G3 contará cunha funda con fiestra circular
Compartir Este Artigo

