
Esta información desatou moitos comentarios na Internet, no que o sentir xeral é que Kinect estaba a ser unha rémora para a Xbox One, pois nos últimos meses non foron poucos os xogos que presentaban un nivel técnico moi superior na súa versión para PlayStation 4, o que agora enténdese que era por culpa, en boa medida, de Kinect, dispositivo que de limitarse a ser un accesorio opcional podería non ter lastrado os primeiros anos de vida da consola de Microsoft.
A liberación de novos recursos de GPU supón que os xogos poden mellorar ata un 10%, o que podería levar a que se incremente o número de xogos que poidan gozar de gráficos a 1.080p e 60 imaxes por segundo, aínda que dende Microsoft deixan claro que gozar destes novos recursos é algo que dependerá dos desenvolvedores e non do feito de que o sensor Kinect estea enchufa ou non á consola. Ou sexa, que tardaremos meses en poder ver títulos que realmente aproveiten o novo potencial de Kinect, de xeito que dificilmente poderemos ver na feira E3 exemplos disto, pero que, de cara á campaña de Nadal, podería reducir a distancia entre a Xbox One e a PlayStation 4.
A Xbox One mellorará o seu rendemento ata un 10% co seu novo SDK
Compartir Este Artigo
