
Temos así unha interesante solución para non ter que andar inserindo a mesma tarxeta SIM en distintos dispositivos, o que podería ter moitas aplicacións no futuro, pois serviría para dotar de conexión á Internet a trebellos distintos ao noso smartphone, sen ter que realizar tethering, o que podería chegar a espallar a sistemas que vaian máis aló de smartphones e tablets, como poderían ser os sistemas informáticos do automóbil ou a informática de vestir, aínda que polo momento os dispositivos compatibles coa Portable SIM son moi poucos.
A Portable SIM tamén podería empregarse como almacenamento de credenciais de acceso, ou sexa, como unha chave universal, de aí que tamén sexa compatible con ordenadores persoais. Temos así unha nova solución que, de ter unha boa aceptación, podería desaparecer como trebello e converterse en todo un estándar para o uso das redes móbiles dende distintos dispositivos.
As tarxetas SIM poderían empregarse sen fíos
Compartir Este Artigo

