Unha heroína que conseguiu unha boa presenza na feira E3 de Los Ángeles foi Lara Croft, pois confirmou a súa presenza en novos desenvolvementos por partida dobre, pois os seus dous últimos xogos terán sendas secuelas, demostrando o bo pé co que continúa o paso este personaxe que conseguiu renovar a súa imaxe.
Por unha banda, o xogo Tomb Raider de 2013, que supuxo o reinicio da franquía, contando a primeira grande aventura dunha inexperta Lara Croft, volverá en Rise of the Tomb Raider, que desenvolverase en distintas localizacións do mundo nas que Lara deberá volver a pórse a proba, sobrevivindo a numerosas ameazas e descubrindo novos misterios e confiando en novos compañeiros de viaxe, aínda que teremos que agardar á campaña de Nadal de 2015 para poder gozar deste prometedor título. É de esperar que conte con versións para PlayStation 4, Xbox One e PC.
Trailer do novo xogo da saga Tomb Raider
Pero, paralelamente, o primeiro xogo do personaxe que se escindía da franquía principal en Lara Croft and the Guardian of Light tamén terá secuela: Lara Croft and the Temple of Osiris. Desta volta Lara non contará só cun compañeiro, senón que formará parte dun equipo de catro personaxes que deberán cooperar na exploración dun templo, nos combates contra numerosas ameazas e incluso na resolución de quebracabezas.
Este último xogo comercializarase só en formato descargable e espérase que chegue en breve ás consolas de nova xeración e o PC, aínda que non sería sorprendente que este título arcade contase con versión para dispositivos móbiles máis adiante, como tamén fixo a súa anterior entrega.
Impresionante trailer de Lara Croft and the Temple of Osiris
Preséntanse no E3 dous novos xogos de Tomb Raider
Compartir Este Artigo
