O ano pasado soubemos de Michael Thomasson, un mozo de Buffalo que chegou ao libro Guinness dos Records grazas á xuntar a meirande colección de videoxogos do mundo, composta por máis de 11 mil videoxogos entre os que figuran todos os títulos editados en EE.UU. para consolas moitas consolas (3DO, Action Max, AGP X-System, Atari 5200, Atari 7800, Atari Jaguar, Atari Jaguar CD, Atari Lynx, Buzztime, Captain Power, Game Boy Advance e-Reader, Neo-Geo Pocket Color, Nintendo Virtual Boy, NUON, Sega CD, Sega Saturn, Sega Dreamcast, Tapwave Zodiac, Tiger Game.Com, Turbo-Grafx-16 CD e Turbo-Grafx-16 Super CD), case todos os xogos de Bally Videocade, CougarBoy, Fairchild VES Channel F, Game Wave, Gizmondo, Halcyon Interactive, LaserActive, Magnavox Odyssey2, NEC PC-FX, N*Gage, Sega 32-X, SuperVision, Vectrex e XaviX, e moitísimos xogos do resto de plataformas chegando ata a PlayStation 3, e que finalmente cambia de mans por motivos familiares, de aí que pechase a venda completa desta colección por 750.250 dólares.
O nome da persoa que adquiriu este anaco da historia dos videoxogos non se fixo público.
Pese a deixar de ser o meirande coleccionista de videoxogos do mundo, Thomasson continúa a ser un grande experto na materia, e asegura que non deixará de colaborar con varias revistas e de publicar libros sobre esta temática que tanto o apaixona.
A basta colección de videoxogos vista en vídeo
