Un dos xogos de acción en primeira persoa de máis éxito da tempada é o innovador Titanfall, dispoñible para as consolas de Microsoft e para ordenadores persoais, e para estes últimos equipos destaca estes días por dúas cousas: por ter un desconto do 50% en Origin (o que permite a súa compra por 29,97 euros) e por poder gozarse de balde durante a vindeira fin de semana.
Non estamos a falar dunha versión de demostracións, senón que durante esta fin de semana será posible descargar o xogo completo e poder gozar de moitas horas de xogo en liña totalmente de balde, o que é unha excelente oportunidade para comprobar o rendemento do xogo no nos ordenador e para experimentar do intenso modo multi-xogador deste título, antes de decidir a súa compra.
Unha vez instalado o xogo durante estes días, e tras inicialo por primeira vez, botará a andar unha conta atrás de 48 horas durante as que poderemos xogar de balde, de xeito que non falamos realmente dunha fin de semana natural, senón que dependerá da hora á que comecemos a xogar.
Trailer de lanzamento do xogo
Titanfall poderá xogarse de balde durante esta fin de semana
Compartir Este Artigo
