
Trátase dunha actuación do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia, para facilitar o acceso á Internet a todos os galegos. Desde o ano 2012 estas axudas beneficiaron a preto de 2.000 fogares e pequenas empresas, situados nas zonas máis illadas da Comunidade.
As axudas estanse a tramitar a través de 5 empresas operadoras de telecomunicacións acreditadas como entidades colaboradoras pola Xunta de Galicia: Duo Telecom, Eurona, Intermax, Quantis e Terrachá Technology.
Os beneficiarios das axudas son fogares e empresas con enderezo en Galicia que non dispoñan de acceso á Rede, de cando menos 2 Mbps, mediante outra tecnoloxía. O programa establece unha única subvención por enderezo destinada a sufragar os gastos de instalación así como o custo do equipamento do interior da vivenda ou empresa preciso para distribuír a sinal de banda larga, cunha contía máxima de 150 euros e condicionado á contratación dun servizo de cando menos 2Mbps cun período de permanencia de doce meses.
Os interesados en acceder a estas subvencións deberán contratar o servizo con algunha das 5 entidades colaboradoras acreditadas pola Xunta de Galicia, que ofrecen servizos de internet vía satélite de ata 20 Mbps de velocidade de baixada. A alta de liña e o importe da tarifa do primeiro mes será asumido pola entidade colaboradora e, por tanto, gratuíto para os beneficiarios.
Nova convocatoria de axudas para contratar acceso á Rede vía satélite
Compartir Este Artigo
