Moitos dos proxectos de micromecenado que pretenden ver a luz na plataforma Indiegogo teñen poucas posibilidades de ver a luz, pero non por iso deixan de resultar rechamantes, como Pelty, un altofalante Bluetooth que sorprende por elixir como alimentación a enerxía térmica, ou sexa, que en vez de empregar unha batería recargable para operar colle a enerxía dunha candea que pode colocarse no seu interior, e que busca xuntar 100.000 dólares para converterse nunha realidade.

Este curioso altofalante Bluetooth podería funcionar cunha candea ata 5 horas, o que non parece precisamente económico (coas candeas que distribúen os responsables do proxecto teriamos que gastar preto de 50 céntimos/hora).
Vídeo promocional de Pelty
Pelty, o altofalante Bluetooth que funciona con candeas
Compartir Este Artigo

