Movistar TV, en colaboración con Bandai-Namco e El Corte Inglés, organiza o primeiro campionato nacional do videoxogo MotoGP14 nunha moto/simulador instalado en oito puntos diferentes da xeografía española. A acción terá lugar durante os meses de xullo e setembro, cada semana nunha localidade diferente, de xoves a sábado en horario comercial. Os mellores tempos iranse publicando á súa páxina web oficial, onde realizarase o seguimento dos resultados do campionato tanto no ámbito local como nacional.
Os premios recaerán nos dous mellores clasificados. En concreto, o primeiro clasificado gañará un pase VIP dobre para a zona de paddock no GP da Comunidade Valenciana (Cheste, 7-9 de novembro) que inclúe entrada ao hospitality de Movistar Yamaha MotorGP, visita ao box do equipo Movistar Yamaha e a experiencia de BMW MotoGP shuttles onde poderá ver dende un lugar privilexiado unha das carreiras de Moto 3 ou Moto 2, ademais da estanza totalmente cuberta e unha consola PS4 xunto cun paquete de xogos. O segundo gañará unha consola PS4 e un paquete de xogos.
O Campionato de MotoGP14 visitará as cidades de: Madrid, Sevilla, Barcelona, Valencia, Santander e Santiago de Compostela, repartíndose a parada galega entre os días 17 e 19 de xullo nas instalacións compostelás de El Corte Inglés. O elemento central do Campionato é unha moto de tamaño real que, mediante un software de simulación de última xeración, permitirá aos participantes coñecer de primeira man a sensación de estar a competir nun circuíto oficial de MotoGP.
Este primeiro Campionato de MotoGP 2014 arrinca no ecuador do Campionato do Mundo de Motociclismo para o que Movistar TV dedica unha canle en exclusiva, Movistar MotoGP (dial 48). A programación de Movistar MotoGP inclúe a emisión en directo de todas as carreiras, nove delas en exclusiva, sen cortes publicitarios e en HD. Cada gran premio complétase con máis de 30 h de programación en directo ademais de carreiras históricas e programas especiais como Paddock club, que é xa un referente para os afeccionados. A experiencia diferencial de Movistar MotoGP permite ao usuario escoller entre seis sinais simultáneos durante as cualificacións e a carreira e que os subscritores poidan gozar de Movistar TV no seu tablet, PC ou smartphone.
A moto do campionato vista en vídeo grazas a Desconsolados
O campionato do videoxogo MotoGP14 visitará Compostela nun par de semanas
Compartir Este Artigo
