O xogo The Wolf Among Us, baseado na serie de comics de Fábulas, está a chegar ao mercado de xeito episódico, e finalmente aproxímase o seu remate, segundo anuncian dende Telltale Games, que agardan que a estrea do quinto episodio desta aventura chegue a PC e Mac o 8 de xullo, a PlayStation 3 e Xbox 360 o 9 de xullo e a iOS o 10 de xullo; aproveitando o anuncio para publicar o trailer desta última entrega titulada Cry Wolf (e que claramente non estaría recomendado para os usuarios que non xogasen o cuarto episodio de The Wolf Among Us por incluír spoilers).
Temos así que a semana que vén remataría a primeira tempada desta serie que podería continuar no futuro como está a acontecer con outros títulos de Telltale, como os xogos baseados no cómic de Los Muertos Vivientes, que están a ser un grandísimo éxito, tanto pola súa calidade como polo arrastre que supón que tamén haxa unha serie de televisión (The Walking Dead) que teña a mesma fonte de inspiración.
Trailer do derradeiro episodio de The Wolf Among Us
O último episodio de The Wolf Among Us sairá á venda a semana que vén
Compartir Este Artigo
