
Deste xeito, os usuarios que paguen máis dun dólar poderán engadir á súa biblioteca de xogos en Steam os xogos Thief Gold, Daikatana, Mini Ninjas, Anachronox, Hitman: codename 47 e Hitman 2: Silent Assassin; de pagarmos máis da media (8,37 dólares) teríamos Deus Ex: Invisible War, Deus Ex: The Fall, Hitman: Absolution, Nosgoth: Veteran Pack, Battlestations: Midway e algún título máis que se incorporará a semana que vén; e, finalmente, por 14,99 dólares (ou máis) teremos tamén Deus Ex: Human Revolution Director’s Cut, Just Cause 2, Lara Croft and the Guardian of Light, Deus Ex: Game of the Year Edition e Kane & Lynch 2: Dog Days. Un dos lotes máis completos que chegaron ao Humble Bundle nos últimos meses, e que estará dispoñible ata o vindeiro 5 de agosto.
Vídeo promocional do Humble Square Enix Bundle
