Gameloft leva un tempo comercializando xogos da saga Modern Combat cos que pretende demostrar que os shooters en primeira persoa poden ter certa calidade en dispositivos móbiles, e coa última entrega, Modern Combat 5: Blackout parecen progresar adecuadamente, ofrecendo acción frenética e unha aparencia espectacular en versións para iOS, para Android (á venda cada unha por 5,99 euros), para Windows Phone e para Windows 8 (á venda estas últimas dúas versións de xeito conxunto por 6,99 euros), e fuxindo da tendencia actual do free-to-play para optar por ofrecer o xogo a un prezo moderado en vez de vendelo de balde para bombardear ao usuario con micro-pagamentos.
Modern Combat 5: Blackout é un intenso FPS no que poderemos xogar tanto a unha campaña individual con numerosas misións aderezadas con escenas cinemáticas coidadas, un modo multi-xogador de grande potencial (con combates por equipos en partidas Pelotón contra Pelotón, chat global e de pelotón, clasificacións individuais e de pelotón e eventos de tempo limitado para gañar recompensas), progreso unificado e controis altamente personalizables. Poderemos elixir entre 4 clases personalizables (soldado, artilleiro, rastrexador e francotirador) e activar habilidades específicas de clase gañendo e utilizando puntos de habilidade.
O último Modern Combat eleva o listón dos FPS para dispositivos móbiles
Compartir Este Artigo
