
Pero as consolas de Sony non van estar menos animadas entre os usuarios que paguen por PlayStation Plus, xa que en agosto recibirán para PlayStation 4 o xogo Road Not Taken, un rogue con aventuras e quebracabezas, xunto con todo un buque insignia dos xogos independentes, FEZ. A PlayStation 3 terá acceso ao curioso Proteus e a un grande xogo de acción, Crysis 3, que é un dos títulos que espremen ao máximo o poder gráfico da consola. E para rematar, a PlayStation Vita tamén vai combinar un xogo de pouco peso (o quebracabezas Metrico) cun título de bastante empaque (LEGO Harry Potter Años 5-7). PlayStation Plus ten un prezo que vai dende os 6,99 euros/mes ata os 49,99 euros/ano, que parecen máis que xustificados se atendemos ao valor dos xogos (Crysis 3 xa ten un prezo de 29,99 euros, e o último xogo de LEGO Harry Potter véndese a 24,99 euros).
Os usuarios de pagamento de consolas Xbox e PlayStation recibirán grandes xogos en agosto
Compartir Este Artigo
