O mundo dos videoxogos parece estar a ser unha grande fonte de inspiración para documentais que conseguen completar o seu financiamento con éxito a través do micromecenado, e o último proxecto neste liña é The Power of Glove, unha produción que busca xuntar 15.000 dólares para poder narrar o fenómeno que xurdiu en 1989, época na que Nintendo arrasaba nos EE.UU., o que levou a Mattel a lanzar a Power Glove, unha luva que podía conectarse á consola, sendo o primeiro sistema de control que funcionaba con xestos da man.

O documental contará a historia da Power Glove a través de entrevistas cos seus creadores, á vez que tamén dará conta do impacto cultural que tería a longo prazo, amosando a artistas e hackers que resístense a deixar morrer ao curioso accesorio.

A campaña de financiamento do documental rematará en setembro, pero a obra non ten previsto ver a luz ata decembro de 2015.
Un documental repasará a historia da Power Glove
Compartir Este Artigo
