Pensando nos usuarios que gustan dos videoxogos e dos contidos multimedia Acer presentou a nova familia de portátiles Aspire V Nitro, que en pantallas IPS Full HD de 15 e 17 polgadas ofrecen potencia dabondo como para poder correr os últimos xogos e películas en Blu-ray dende un equipo de coidado deseño.
Os novos Acer Aspire V Nitro con portátiles con procesadores Intel Core de cuarta xeración, con gráficas ata unha nVIDIA GeForce GTX 860M (para ter un bo desempeño en xogos), que tamén accederá á Rede a grande velocidade grazas á súa tecnoloxía de antenas sen fíos MIMO 2×2.
Para poder manter este equipo cun funcionamento óptimo incorpora un ventilador de metal de alta velocidade que xunto coa tecnoloxía DustDefender de Acer (que elimina o po interno do equipo) consegue tamén alongar a vida do equipo. A versión Black Edition deste ordenador, dirixida aos usuarios que esixen un mellor rendemento, tamén inclúe un modo Turbo que acelera un 19% o ventilador interno, o que reduce un 11% a temperatura dos procesadores principal e gráfico.
O Aspire V Nitro tamén coida o aspecto sonoro, integrando 4 altofalantes que conseguen unha saída de 8W en total. Conta con opcións de unidade de Blu-ray (competible con discos M-Disk), disco duro de ata 3 Tb ou unidade SSD de 256 Gb. Un equipo que espérase que chegue ás tendas españolas no mes de outubro por prezos de entre 899 e 1.499 euros.
Acer Aspire V Nitro, un portátil optimizado para os xogos e a reprodución multimedia
Compartir Este Artigo

