BioShock, o xogo de Irrational Games que foi un dos máis valorados de 2007, converténdose no inicio dunha franquía de éxito, tras o seu paso por consolas tradicionais e ordenadores persoais, chegou finalmente á App Store como aplicación universal a un prezo de 13,99 euros, o que pode parecer un prezo moi elevado, pero cómpre destacar que estamos ante a versión completa do xogo, adaptado para poder controlarse de xeito táctil.
Para poder gozar deste novo título debemos contar como mínimo cun iPad mini de segunda xeración, un iPad 4 ou un iPhone 5, non sendo compatible con terminais anteriores. Aínda que estes equipos terían potencia dabondo para mover este xogo, tiveron que reducir lixeiramente o seu nivel gráfico para que non superase os 2 Gb de tamaño máximo que ten como límite iOS.
BioShock estréase na App Store
Compartir Este Artigo
