
Unha das análises máis interesantes é a de iFixit, páxina web na que desmontaron un iPhone 6 e un iPhone 6 Plus, o que permítenos coñecer detalles como que os novos smartphones teñen só 1 Gb de memoria RAM (mentres que os seus competidores máis directos chegan a ter 2 ou 3 Gb), que a batería do iPhone 6 limítase a unha capacidade de só 1.810 mAh (moi superada pola meirande parte dos smartphones Android de gama media) mentres que o iPhone 6 Plus chega aos 2.915 mAh (case dobrando os 1.560 mAh do iPhone 5S e superando lixeiramente os 2.800 mAh do Samsung GALAXY S5, aínda que sen chegar aos 3.200 mAh do GALAXY Note 3). Temos así a impresión de que o iPhone 6 podería seguir a ter unha autonomía na liña do iPhone 5S (considerada deficiente por moitos usuarios) mentres que o iPhone 6 Plus achegaríase moito máis ás demandas do público pese ao seu grande tamaño.
Análise dos novos iPhone por parte de iFixit
Outro dos detalles a ter en conta á hora de adquirir un dos novos teléfonos é a necesidade de complementalos cunha funda, e polo que se ve nas primeiras probas de caída, protexer o dispositivo parece imprescindible, xa que a pantalla é bastante vulnerable aos golpes.
Os novos iPhone sometidos a probas de caída
Un dos primeiros compradores causou sensación ao caerlle o seu novo iPhone 6 ao chan á hora de amosalo a unha cámara de televisión

