Marvel Puzzle Quest é un xogo de quebracabezas no que xuntar pezas de cores nun taboleiro para facelas desaparecer no máis puro estilo de Bejeweled, no que as xogadas convértense en ataques de personaxes da Marvel dentro de misións nas que poden formarse equipos de heroes e viláns con integrantes como o Capitán América, Iron Man, Hulk, Loki, Spider-Man, Venom… e que está a celebrar o seu primeiro aniversario nas súas versións para iOS e Android (o xogo tamén está dispoñible para PC) cunha actualización que inclúe numerosas melloras, pero que destaca especialmente por incorporar a un novo personaxe, Thor, a nova deusa do trono, que vén de estrearse na banda deseñada e que chega por primeira vez a un videoxogos.
Este título de D3Publisher pode descargarse de balde e entra dentro da fórmula do free-to-play, pois conta coa posibilidade de adquirir con cartos reais as moedas de cambio para desbloquear contidos dentro do xogo.
Marvel Puzzle Quest é o primeiro videoxogo en amosar á nova Thor
Compartir Este Artigo
