Dende a Comisión Nacional do Mercado da Competencia (CNMC) están a dar conta dun dato histórico que figura no boletín estatístico trimestral das telecomunicacións e do sector audiovisual, como é que a banda larga móbil conseguise (con 889 millóns de euros) superar á banda larga fixa (con 882 millóns de euros), deixando claro un importante cambio de escenario no que a banda larga fixa se mantén estable no tempo, mentres a demanda de acceso á Rede dende o móbil non para de medrar.
A CNMC detalla que a banda larga móbil facturou no segundo trimestre de 2014 un 10% máis que no mesmo período do ano anterior, o que é un crecemento moito máis importante ao que indicarían as cantidades absolutas, xa que o incremento de ingresos é paralelo ao incremento de prezo das tarifas, que estaría máis que compensado polo aumento da demanda. Curiosamente esta mellora dos resultados da banda larga móbil prodúcense nun sector que caeu en ingresos un 7,4%.
Outros detalles salientables serían que as redes de nova xeración (que inclúen conexións FTTH e DOCSIS 3.0) terían aumentado un 47% ata superar os 20 millóns de accesos instalados, dos que 3,8 millóns estarían efectivamente contratados. Tamén as liñas de banda larga a máis de 30 Mbps medraron un 70,4% ata os 2,4 millóns de liñas.
Sobre o número de liñas móbiles ligadas a servizos de banda larga móbil teríamos un incremento interanual do 22%, chegando aos 31,7 millóns.
A banda larga móbil xa factura máis que a fixa en España
Compartir Este Artigo
