Blizzard, compañía detrás de grandes xogos como World of Warcraft, sorprendeu nas últimas horas anunciando a súa primeira nova franquía en 17 anos, que chegará en forma de xogo de acción en primeira persoa. Overwatch será un FPS por equipos que estreará a súa beta en 2015 (para a que xa é posible inscribirse) e que sitúa a acción nun mundo que tras unha crise global contou cun escuadrón internacional de heroes para devolver a paz e dar pé a unha era de exploración, innovación e descubrimento, pero este equipo, Overwatch, rematou disolvéndose, e agora haberá que encarnar o rol dun heroe para continuar a atender a demanda de heroe do mundo.
No xogo enfrontaranse heroes por equipos por todo o planeta, en misións nas que, por exemplo, haberá que protexer os segredos do misterioso Templo de Anubis ou escoltar un dispositivo de PEM por King’s Row, convertendo o mundo non campo de batalla.
A páxina web oficial do xogo desvela numerosos personaxes que poderemos controlar, destacando a súa diversidade, desempeñando papei de aventureiro, inventor de armas, xefe de seguridade, mercenario, asasino, médico de campo… que contarán con cadansúas habilidades e historia, así como unha aparencia moi característica que é de agardar que en poucos meses gañen un lugar de seu no panteón do mundo dos videoxogos.
Trailer cinemático do xogo de Blizzard
Trailer no que podemos ver o xogo en acción
