Un dos xogos independentes máis destacados dos últimos anos, LIMBO, que Playdead estreou na Xbox 360 hai pouco máis de 4 anos, está a preparar a súa estrea na Xbox One, o que están a advertir moitos usuarios que mercaron a nova consola de Microsoft no seu lanzamento, xa que os afortunados facerse coa Xbox One na súa Edición Day One están a recibir un código que pode canxearse polo xogo de balde.
Polo momento Microsoft non anunciou cando sairá oficialmente o xogo para todos os usuarios da súa última consola doméstica, pero o lanzamento deste xogo de plataformas de desprazamento horizontal en dúas dimensións en branco e negro na Xbox One podería atender principalmente ao feito de que Playdead está a preparar o seu segundo xogo, Inside, que sairá en primicia para Xbox One en 2015, polo que o lanzamento do anterior título nesta nova plataforma parece atender principalmente á promoción da vindeira produción.
Os posuidores das primeiras Xbox One reciben copias de LIMBO de balde
Compartir Este Artigo
