O Humble Bundle está a sorprender un novo de lote de xogos de SEGA valorado en 128 dólares que podemos adquirirse a un prezo moi reducido, achegando parte dos ingresos a causas benéficas (AbleGamers, Willow Foundation, SpecialEffect e GamesAid). Deste xeito, pagando a partires dun dólar podemos facernos coa Dreacast Collection (que comprende aos clásicos SEGA Bass Fishing, Crazy Taxi, Sonic Adventure DX Director’s Cut e Space Channel 5 Part 2), NiGHTS Into Dreams, Sonic & All-Stars Racing Transformed e os contidos descargable Total War: Rome II – Caesar in Gaul DLC e Miles Jacobson’s Tactic para o Football Manager 2015.

Adicionalmente a Humble Store tamén ofrece numerosos xogos de SEGA con descontos de ata o 80%, entre os que non falta o moi esperado e ben recibido Alien Isolation, que pode mercarse cun 50% de desconto no momento da publicación deste texto. As ofertas desta volta teñen limitación horaria e destinarán o 10% dos ingresos a causas benéficas.
Na Humble Store ofertan Alien Isolation a metade de prezo
