Para os amantes das vellas máquinas recreativas, que queiran lembrar os videoxogos clásicos, están a lanzar unha campaña de micromecenado para facer realidade un curioso produto retro, o Nanoarcade, que pretende ser o sistema de videoxogos arcade máis pequeno do mundo.
Esta solución, en vez de apostar por emuladores de software como o MAME, e de dispositivos como tabletas para correr os xogos, é moito máis básico, de xeito que sería como una máquina recreativa de só 15 centímetros de alto, capaz de reproducir centos de xogos en Java (J2ME) que poden cargarse na súa memoria mediante un porto micro USB 2.0.
O Nanoarcade non só ten unha aparencia atractiva, senón que tamén o seu prezo está bastante reducido xa que as primeiras unidades poden adquirirse por só 39 dólares (33 euros) aínda que o seu prezo ordinario será de 49 dólares (41,49 euros), esperando que comecen a chegar ás mans dos seus mecenas no mes de abril. Este prezo é posible en boa medida polas especificacións tan axustadas que ten o produto, xa que estamos ante un trebello cun procesador SC6531 e unha pantalla de 3,2 polgadas cunha resolución de 320 x 240 píxeles, elementos que poderiamos atopar nun teléfono móbil previo aos smartphones, de aí que vaiamos a estar ante un produto que busca simplemente aproveitar o factor nostálxico que esperta a súa estética.
Nanoarcade, a recreativa en miniatura que pode correr xogos en Java
Compartir Este Artigo
