Hai máis de medio ano Huawei quixo deixar claro que optaría polos acabados de calidade ao presentar o seu novo smartphone insignia, o Huawei Ascend P7, e finalmente podemos ver este excelente terminal en España, xa que a partires do mes de febreiro poderá mercarse por 299 euros, o que é un prezo bastante razoable para un smartphone 4G con pantalla de alta definición de 5,5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon de 4 núcleos a 1,2 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno, cámaras de 13 e 5 Mpíxeles e batería de 3.000 mAh (que achega unha autonomía de ata 8 horas de reprodución de vídeo).
A maiores tamén teremos esta mesma semana o Huawei Ascend Mate 7 Gold, que é unha versión mellorada do anterior, con 3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno ampliables mediante tarxetas microSD e a posibilidade de empregar dúas tarxetas SIM. Comezará a venderse en El Corte Inglés e Amazon a un prezo de 599 euros.
Chegan a España os novos smartphones de alta gama de Huawei
Compartir Este Artigo

