Nun momento no que GOG está a destacar recuperando numerosos videoxogos clásicos de Star Wars, dende o Humble Bundle sorprenden lanzando un lote de xogos da franquía galáctica que contribuirá a achegar fondos a Unicef, e que parte dos clásicos Star Wars: Knights of the Old Republic, Star Wars Jedi Knight: Jedi Academy e Star Wars: Dark Forces, que estarán dispoñibles para os que contribúan á iniciativa coa cantidade económica que desexen, mentres que aos usuarios que paguen máis da media ofreceránselles tamén os xogos Star Wars: Battlefront II, Star Wars Knights of the Old Republic II: The Sith Lords, Star Wars: Republic Commando e algún xogo que se irá incorporando ao lote nos vindeiros días.

O Humble Bundle ofrecerá xogos de Star Wars durante un par de semanas
Compartir Este Artigo
