Cando falamos dos primeiros videoxogos que lembramos son inevitables títulos de Atari como Pong e Asteroids, que sentaron os alicerces de para moitas máquinas recreativas da súa época, tanto en tecnoloxía como en mecánicas de xogo, resultando especialmente rechamante que agora Atari recupere unha destas marcas para facer un título multi-xogador para PC. Falamos de Asteroids: Outpost, unha reformulación do xogo de naves de 1979 que animábanos a sobrevir nun cinto de asteroides e que agora preséntase como un mundo aberto no que os xogadores deberán explotar minas, construír e defender as súas bases e facer medrar a súa fortuna nun futuro distante.
Estariamos así ante unha especie de febre do ouro futurista, na que hai que recorrer ao cinto de asteroides do noso sistema solar ante o esgotamento dos xacementos mineiros da Terra, de xeito que tanto o aproveitamento mineiro como a supervivencia serán os principais obxectivos.
Os elementos centrais de Asteroids: Outpost serán a exploración (hai que percorrer un grande asteroide para atopar xacementos), a extracción (hai que colleitar os preciosos compoñentes de pequenos asteroides), o espallamento (haberá que construír unha base e mellorar o noso traxe para poder controlar o maior territorio posible) e a explotación (forzaremos alianzas con outros xogadores para protexer os nosos dominios ou para invadir os alleos).
O novo Asteroids será un multi-xogador para PC
Compartir Este Artigo
