Por calquera prezo podemos facernos con Hitman: AbsolutionA iniciativa solidaria Humble Bundle xunta forzas por segunda ocasión con Square Enix, ofrecendo un impresionante lote de xogos a un prezo que decidirán os compradores e que achegará fondos a Make-A-Wish e GamesAid. Os usuarios que paguen menos da media poderán facerse cos xogos Hitman: Absolution (valorado en 19,99 euros), Supreme Commander 2 (á venda por 12,99 euros) e Hitman GO; mentres que os que paguen máis da media conseguirán tamén Thief(valorado en 29,99 euros), Murdered: Soul Suspect (dispoñible por 29,99 euros), Deux Ex: Human Revolution – Director’s Cut(á venda por 19,99 euros), aos que se engadirá algún xogo adicional nos vindeiros días. Sleeping Dogs incluirase no lote se pagamos a partires de 15 dólaresDesta volta tamén temos un incentivo moi especial para contribuír a esta iniciativa con a partires de 15 dólares, xa que esa cantidade económica desbloqueará a dous dos xogos máis destacables de 2013: Tomb Raider (á venda por 19,99 euros) e Sleeping Dogs (valorado en 29,99 euros na súa edición definitiva). Así no Humble Square Enix Bundle 2 temos que por menos de 14 euros podemos conseguir un lote de xogos valorado en máis de 160 euros.