Os usuarios de consolas de Microsoft que tras a campaña de Nadal quedasen con ganas de adquirir máis xogos teñen agora unha excelente oportunidade para completar a súa colección, xa que Microsoft organiza unhas rebaixas ata o vindeiro luns con descontos de ata o 85% dos que poderán beneficiarse especialmente os subscritores de Xbox LIVE Gold.
Por exemplo, os usuarios de Xbox One poden facerse con Destiny cun 33% de desconto, Alien Isolation co 50% de desconto (60% para usuarios Gold) ou Sombras de Mordor co 33% de desconto (40% con Gold); mentres que os usuarios de Xbox 360 tamén pode mercar Plants vs. Zombies: Garden Warfare co 67% de desconto (75% con Gold), LEGO Marvel Super Heroes co 60% de desconto (67% con Gold), Sniper Elite III co 75% de desconto (80% con Gold) ou Far Cry 3 co 40% de desconto (50% con Gold).
Os descontos máis rechamantes estarían en casos como os xogos de Xbox One NBA Live 15 Digital Edition (co 85% de desconto con Gold) e Kinect Sports Rivals (co 80% de desconto con Gold) ou os xogos de Xbox 360 Fight Night Champion (co 80% de desconto con Gold), Mortal Kombat, Injustice: Gods Among Us, State of Decay, Batman: Arkham City, SoulCalibur V, The Orange Box ou Dead Island Riptide (cun desconto do 75% con Gold).
Microsoft celebra unha semana de rebaixas na Xbox Store
Compartir Este Artigo
